Friday 10 de May de 2024

O Concello de Boqueixón renova o acordo para o servizo de abastecemento de auga potable á parroquia de Gres, en Vila de Cruces


O novo convenio de colaboración entre ambas administracións locais terá unha duración de cinco anos

Os alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e de Vila de Cruces, Jesús Otero, veñen de asinar a ampliación dun convenio de colaboración. Este acordo servirá para continuar proporcionando a agua para o servizo de abastecemento da parroquia cruceña de Gres, que se atopa na fronteira entre ambos os dous municipios, sendo colindante coa boqueixanesa de Ledesma.

“Con este acordo de colaboración seguimos a estreitar vínculos entre o noso municipio e o veciño de Cruces. Coma no caso de Ledesma, queremos tender pontes para mellor a calidade de vida da nosa veciñanza”, indicou Manuel Fernández Munín.

O convenio de colaboración establece que o Concello de Boqueixón, que xestiona de forma directa o abastecemento da estación de tratamento no lugar de Orto, proporcionará a auga potable a este núcleo poboacional. O Concello de Boqueixón encargarase de realizar as facturacións correspondentes ó trimestre vencido, unha vez efectuado o abastecemento de auga potable.

A renovación deste convenio de colaboración estará vixente por un período de 5 anos e proporcionará servizo de auga potable máis de 150 habitantes. O acordo poderase prorrogar po acordo expreso de ambas partes.